NOVAS

PUBLICADO FALLO

VIII CONCURSO
DE FOTOGRAFÍA y
IXCONCURSO
DE RELATOS
Museo Liste de Vigo

Publicados resultados do VIII Concurso de Fotografía e IX de Relatos convocados polo Museo Liste co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e Día Internacional dos Museos (17 e 18 de maio).

Programación
"LETRAS GALEGAS E DIM"
17 e 18 de maio

Programación especial arredor da festividade das Letras Galegas e o Día Internacional do Museos que celebraremos o vindeiro 17 e 18 de maio.

XELA ARIAS
LETRAS GALEGAS 2021

Recomendamos a lectura do artigo sobre mulleres e literatura que Xela presentou no Encontro de escritores galegos e portugueses celebrado en Santiago de Compostela en setembro de 1991.

(A)pegadas
“Transitar onte para
camiñar hoxe” 13/04 - 31/12
de 2021

«Xornadas contemporáneas arredor do Patrimonio Etnográfico». 

Dende abril a novembro: un mes, un artista, un proxecto.   Procesos creativos en diálogo cos fondos do Museo Liste.

"Sororidade:
ILUSTRAD/AS"

Continuando co proxecto iniciado no 2019, nesta ocasión o noso devezo e dar visibilidade a tantas mulleres, ilustradoras, artistas, que desenvolven a súa traxectoria cunha perspectiva de xénero, reivindicativa dos dereitos das mulleres e evidenciadora das desigualdades.

"O Museo Liste ofrece un achegamento á historia a través da nosa cultura material."

Olimpio Liste Regueiro

“…neste espazo que aloumiña escollidos acios da nosa cultura que un día viaxaron co seu pai e agora levedan ao carón da súa memoria.”

Olimpio Liste Regueiro 

(Pontevedra, 1932-2013)

Así reza unha pequena placa á entrada do Museo Liste.

Discreta homenaxe a quen non quixo ningunha e cuxo único devezo foi participarnos un legado de inmenso valor patrimonial que conforma o groso da colección do Museo Liste – Etnográfico de Vigo.

D. Olimpio Liste Regueiro, mestre, etnógrafo, coleccionista, apaixonado da conservación da cultura material dun pobo, da súa inmaterialidade tamén. Do choque que supuxo, para un neno de cidade, a chegada á pequena aldea de Ventosa, na Golada, no interior na provincia de Pontevedra, naceu unha fascinación inesgotable por un mundo en constante proceso de desaparición empuxado pola modernidade.

A imaxe dun neno cos ollos asombrados ante unha aldea que lle era tan allea, as súas xentes, as súas vidas, crenzas, costumes,…, cristalizou, na adultez, nunha forte 

arela por percorrer as corredoiras do rural en busca de vestixios dun pasado recente. Unha viaxe alentada pola súa dona, Dª Josefina Fernández Mosquera, fiel compañeira e tamén, como é de xustiza recoñecer, coartífice deste legado.

Desta incansable busca, xorde unha incipiente colección que, na súa medranza, callou na creación, en 1972, do primeiro museo etnográfico de Galicia, agora pechado. Creado á sombra do impoñente mosteiro de Oseira, na provincia de Ourense, foi o xermolo dun xeito de concibir a etnografía, de dignificala e da habelencia de transmitila ao público.

O Museo Liste de Vigo nace, décadas máis tarde, respondendo ao convite feito polo concello desta cidade a un etnógrafo que, xa na súa madurez, non perdera a súa capacidade de asombro nin a súa ansia por compartir o que no seu camiño fora descubrindo.

Grazas Olimpio.

QUEN SOMOS E QUE FACEMOS

Equipo DO MUSEO

posible para post divulgativo en inicio II

NOVAS

ACTUALIDADE DA REDE

posible para post divulgativo en inicio

Recomendamos

As nosas suxerencias

Visítanos!

Horarios

DE MARTES A SÁBADO :
de 10:00 h. a 14:00 h
MÉRCORES:
de 10:00 h. a 14:00 h. e
de 17:00 h. a 19:00 h.

Tarifas

Xeral: 2 €
Reducido: 1€ (menores de 12 anos,
3a idade, parados, estudantes e integrantes de grupos).
Gratuíto: menores de 6 anos; Centros de Ensino do Concello de Vigo e Asociacións da 3a Idade do Concello de Vigo; exposicións temporais e actividades que así o indiquen.

Contacto

Tfno. 986 244 698
Rúa Pastora, no 22, Vigo recepcion@museoliste.org visitas@museoliste.org