Podcast

Benvidos a un
novo podcast do
Museo Liste – Etnográfico de Vigo.

A PEDRA DA BICA:
Rafael González Goyanes

Por este medio aproveitamos para contarvos historias etnográficas que agardamos sexan do  voso interese. Cada semana iremos ofrecéndovos novos contidos cunha temática relacionada coa antropoloxía, a etnografía e a historia.

Neste ocasión, Rafael González Goyanes, ensínanos como se facía e como se cocía un pan de millo que na zona de A Cañiza coñecen como “bica”.

Cando falamos de “bica”, todos pensamos no delicioso biscoito, máis, na zona de A Cañiza, comían outras” bicas”: un pan feito con fariña de millo.

Na primeira acepción do dicionario da Real Academia Galega, chámase bica a un “pan baixo que se cocía a porta do forno ou na lareira, adoito de fariña milla e sen fermento”.

Estas bicas tamén chamadas “bolos do lar” servían para prover de pan, ata a seguinte fornada, a casa que quedara sen el.

Este vídeo móstravos como se facía.

HISTORIAS DA CASA BARRERAS: Do fogar ao Museo.

Benvidos ao primeiro podcast do Museo Liste – Etnográfico de Vigo.