Novas

A actualidade na Rede

Publicado Fallo
do VIII Concurso de fotografía e
do IX Concurso de relatos
Museo Liste de Vigo

Publicados resultados do VIII Concurso de Fotografía e IX de Relatos convocados polo Museo Liste co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e Día Internacional dos Museos (17 e 18 de maio).

Dende o Museo desexamos agradecer a todos os concursantes unha participación que crece cada ano en calidade e que contribúe ao fomento e difusión destas disciplinas.

(A)pegadas
“Transitar
onte para camiñar hoxe”

Diego del Río,Loreto Arnaz, Berta Pan, María Gar, Aida lópez, Abraham Alonso, Thomas Apostolou, Chiño Eirín

“Xornadas contemporáneas arredor do
Patrimonio Etnográfico. 

Dende abril a novembro: un mes, un artista, un proxecto. Inauguración do proxecto no Museo cos artistas e entrevistas arredor dos procesos creativos en diálogo cos fondos do
Museo Liste.
Inauguración presencial segundo as
normativas sanitarias do momento.
Difusión online dende a web do Museo.

Comisariado y coordinación: Alexandra R. Rey

Datas: Do 13 de abril ao 31 de decembro de 2021.

"Sororidade: ILUSTRAD/AS"
26 de Marzo

Eva Casais, Abi Castillo, Gemma Marques, Paula Mayor, Inés Elorrieta, Candela Piñeiro, Nuria Figueiredo, Lidia Cao, Laura Tova, María Uve, Bea Gregores

O vindeiro luns 8 de marzo festexamos o Día da Muller.

A nosa contribución , este ano, cristaliza na preparación dunha nova exposición que baixo o título “Sororidade: ILUSTRAD/AS” inauguraremos o vindeiro 26 de marzo.

Continuando co proxecto iniciado no 2019, nesta ocasión o noso devezo e dar visibilidade a tantas mulleres, ilustradoras, artistas, que desenvolven a súa traxectoria cunha perspectiva de xénero, reivindicativa dos dereitos das mulleres e evidenciadora das desigualdades.

Eva Casais, Abi Castillo, Gemma Marques, Paula Mayor, Inés Elorrieta, Candela Piñeiro, Nuria Figueiredo, Lidia Cao, Laura Tova, María Uve, Bea Gregores,…Ilustrad/as, ilustradoras, artistas, mulleres, que crean arte, que coa súa obra exhibida fan xustiza a tantas outras artistas silenciadas ao longo da historia e, agardamos, abran camiño ás futuras.

A nosa aportación: proporcionar a canle…

Para nós, a mensaxe está clara.

As emisoras, ELAS.

A sociedade… a nosa arela é que se converta en activa receptora.