Recomendamos

A peza Favorita

«Unha forma de entender o Museo a través das preferencias das persoas que o coñecen.»

«Unha reflexión sen normas.»

Se falamos de pezas da colección, eu destacaría os moldes de madeira para facer exvotos de cera. Ás veces, os visitantes reparan neles de xeito secundario porque hai pezas máis chamativas que desvían a súa atención pero son, sen dúbida, uns dos obxectos máis valiosos a nivel patrimonial da colección. Practicamente non se conservan outros iguais, de feito son estudados e mencionados en diversas publicacións sobre o tema.

Pero, deixando de lado o valor patrimonial e facendo uso dunha sensibilidade máis persoal, eu decántome pola instalación “O soño” de Olimpio Liste. Déixovos a fotografía.

Isabel

(Responsable de didáctica)