Exposicións Actuais

(A)pegadas
“Transitar
onte para camiñar hoxe”

Diego del Río,Loreto Arnaz, Berta Pan, María Gar, Aida lópez, Abraham Alonso, Thomas Apostolou, Chiño Eirín

“Xornadas contemporáneas arredor do
Patrimonio Etnográfico» 

Dende abril a decembro: un mes, un artista, un proxecto. Inauguración do proxecto no Museo cos artistas e entrevistas arredor dos procesos creativos en diálogo cos fondos do
Museo Liste.

O proxecto (A)Pegadas pretende levar a un primeiro plano o noso patrimonio etnográfico co fin de xerar unha conversa dinámica e múltiple que nos lembra a importancia das nosas raíces e da súa construción, da nosa mitoloxía, simboloxía, artesanía e costumes como piares da nosa cultura. 

Comisariado y coordinación: Alexandra R. Rey

Datas: Do 13 de abril ao 31 de decembro de 2021.

"Sororidade: ILUSTRAD/AS"

Eva Casais, Abi Castillo, Gemma Marques, Paula Mayor, Heyjuddy, Candela Piñeiro, Nuria Figueiredo, Lidia Cao, Laura Tova, María Uve, Bea Gregores

Continuando co proxecto iniciado no 2019, nesta ocasión o noso devezo e dar visibilidade a tantas mulleres, ilustradoras, artistas, que desenvolven a súa traxectoria cunha perspectiva de xénero, reivindicativa dos dereitos das mulleres e evidenciadora das desigualdades.

Eva Casais, Abi Castillo, Gemma Marques, Paula Mayor, Heyjuddy, Candela Piñeiro, Nuria Figueiredo, Lidia Cao, Laura Tova, María Uve, Bea Gregores,…Ilustrad/as, ilustradoras, artistas, mulleres, que crean arte, que coa súa obra exhibida fan xustiza a tantas outras artistas silenciadas ao longo da historia e, agardamos, abran camiño ás futuras.

A nosa aportación: proporcionar a canle…

Para nós, a mensaxe está clara.

As emisoras, ELAS.

A sociedade,… a nosa arela é que se converta en activa receptora.

Do Paínzo ao millo: os mil grans

Esta mostra temporal, en exhibición dende o 15 de febreiro deste ano na sala didáctica “O devir das estacións”, contén preto de 50 pezas  que nos invitan a  coñecer unha parte da historia alimentaria de Galicia  a través dun cereal: o millo.

A exposición divídese en varios bloques que abranguen aspectos como a orixe e historia da planta; as variedades e os distintos nomes que recibe; os seus usos culturais.

O proceso dende a colleita á debulla e ao seualmacenaxe, sen esquecer a loita do agricultor na defensa do seu traballo a través dos espantallos; e curiosidades como a súa relación con enfermidades como o mal da rosa ou pelagra.A maior parte das pezas expostas pertencen ao artesán cesteiro Rubén Berto Covelo que aportou tamén o seu traballo de campo, que constitúe un valiosísimo documento, con gravacións de entrevistas realizadas a persoas que aínda, hai pouco tempo, tecían coa folla do millo.

A Mesa
Farta

A cultura alimentaria de Galicia nos derradeiros séculos é a protagonista desta mostra, comisariada polo profesor  e escritor D. Xavier Castro Pérez.

Organizada espacialmente en oito recantos, abrangue usos, costumes e obxectos relacionados coa alimentación en Galicia dende finais do s. XIX ata finais do s. XX.

Prevista para seu peche en decembro de 2019, prorrogarase ata o 30 de decembro  de 2020.