Histórico

Exposicións temporais

Proxectos expositivos 1999- 2020

2000 - 2002

Inaugura a serie “Coleccionismo privado” cuxo propósito e compromiso é a difusión e estudo dun rico patrimonio agochado nas máns de quen, con agarimo, o acrecenta, conserva e, en moitas ocasións,  salva da desaparición e do esquecemento.

D. Luis Molist, pai da colección, foi un coleccionista singular que unindo dúas paixóns, o ciclismo e os obxectos a el vencellados, fíxonos partícipes dun extraordinario legado que protagonizou os primeiros anos da andadura do Museo.

Bicicletas, faros, cascos, documentación relativa ao deporte,…  foron algún dos obxectos que partillaron espazo para ilustrarnos sobre o ciclismo, a súa historia, evolución e, sobre todo, a paixón duradeira que esperta en quen o practica.

Peladores de patacas, rudimentarios flashes de lámpada, pesarios  e tantos outros obxectos singulares que compoñen unha escolma tan variopinta como suxerente.

A súa singularidade, orixinalidade e capacidade de sorprender, converten estas pezas nun atractivo escaparate de solucións a problemas cotiáns ou técnicos dos que a inventiva humana nos foi fornecendo ao longo dos tempos.

A maior parte dos obxectos expostos pertencen á colección do Museo Liste de Oseira, nai da actual colección permanente do Museo Liste de Vigo, doada en 1999 por parte de D. Olimpio Liste Regueiro e a súa dona Josefina Fernández Mosquera como resposta á invitación do Concello de Vigo para a creación deste Museo.

2003 - 2005

Percorrido tecnolóxico, de enxeño, visual, de deseño, de aprendizaxe,…

Articulada en torno a cincuenta pezas moi significativas, reflexa a transición dende as primitivas galenas, dos anos 20 do século pasado, a aparellos máis modernos de tecnoloxía dixital. Catálogos, folletos publicitarios, cursos por correspondencia, carteis, comprobadores de válvulas, manipuladores de morse ou aparellos de medida,…

A mostra amosa, non só unha magnífica colección privada, senón a un home, D. Ángel de Prado Sierra, capaz de transmitir o seu feitizo por esta tecnoloxía que permite a longa viaxe dos sons e das voces de moitos ata cada un de nós.

Exposición de pintura a través de retratos de distintas etnias, obra  de Ángeles Martín Marcos.

A exposición enmárcase dentro da triloxía na que se recollen diversos aspectos  definitorios da identidade das diversas culturas. Ademais da expresión plástica do retrato de etnias, está presente o mundo simbólico, expresado a través dos “Griotas”, homes sabios, posuidores do don da palabra e contadores da historia. Estas pezas foron cedidas polo “Museo Étnico” e a Asociación A.I.D.A (Para o Desenrolo e Integración do Africano).

Do 12 e marzo ao 10 de maio de 2004

.Exposición de doce  modelos de barcos, planos e accesorios,  saídos das mans do modelista naval D. Santiago Signo López.

Destacar a calidade técnica das pezas elaboradas a partir de planos feitos por el mesmo (escala 1/100- 1/75); a minuciosidade do perfecto engrenaxe; así como a documentación histórica recollida, estudada e utilizada para dotar do maior rigor aos seus modelos navais.

Do 30 de xullo ao 13 de setembro e 2004.

Detémonos nesta mostra, na relación formal das vasillas e a súa utilidade, sen esquecer as súas calidades estéticas  e o seu valor documental e patrimonial.

Escolma composta por máis de 50 pezas, propiedade, na súa meirande parte, do Museo Quiñones de León de Vigo.

Esta exposición ofrece unha  documentada mostra de cascos de combate dende a súa perspectiva histórica.

A mostra compleméntase con obxectos como un periscopio dun carro de combate británico participante no desembarco de Normandía e  un teléfono de campaña por fíos utilizado durante a Guerra Civil española. Obxectos, todos eles, pertencentes á colección de D. Guillermo Martínez Baz, testemuñas mudas dun recordo, dunha pregaria, rescatados da súa obrigada funcionalidade.

Mostra que exhibe máis de cen  obxectos que teñen en común o seu uso cotiá.

Todos eles relacionados coa vida no ámbito rural do século XIX: vestimenta, aveños, elementos de compaña,…dos que destaca a súa propia linguaxe.

Coa colaboración especial da Asociación Cultural Tangaraño.

2006 - 2008

Do 7 de abril ao 27 de maio de 2006.

Exposición que recolle as diversas facetas deste prestixioso instrumentista e artesán luthier, D. Antón Corral, creador e investigador. Amósamos a súa colección de instrumentos musicais, na meirande parte saídos das súas mans.

Dende as primitivas frautas e pitos pastoriles, ata a gaita ou as zanfonas. Destaca o “organistrum”, construído no Obradoiro Escola de Gaitas e Zanfonas da Universidade Popular de Vigo, por Antón Corral, Carlos Corral e Ramón Casalen 1984.

Colabora a Escola Municipal de Artes e Oficios da Universidade Popular de Vigo.

Dende o 9 de xuño ao 31 de xullo de 2006

.Mostra dedicada á evolución dos recordatorios e fotografías de primeira comuñón ao longo do s. XX.

Nela móstranse escolmas de diversas coleccións privadas doadas ao Museo como a de Ana Mª Areán González, ÁngelesMartín Mata,  Victoria e  Carmen Vázquez  López e  Luis Molist; así, como outras cedidas para a exposición pertencentes a Manuel Robles González, Mariano Marcos Abalo e Santiago Signo. Contamos, tamén, coa especial colaboración do Arquivo da Imaxe de O Porriño.

Do 29 de novembro de 2006 ao 30 de xaneiro de 2007.

Nun percorrido simbólico, exponse unha ampla mostra fotográfica dos comezos da Industria relacionada co mar. Neste caso recóllense documentos gráficos dos estaleiros Vulcano e Barreras, das conserveiras Albo, Alfageme e Valcarcel, etc.

A exposición apoiase, ademais, en obxectos simbólicos destas Industrias, como é o caso dos primeiros bosquexos do logotipo da marca “Miau”, ou as primeiras latas de conserva.

Na exposición colabora, ademais, a Asociación de Conserveiros A.N.F.A.C.O.

Marzo e abril de 2007.

Parte da  rica colección privada de Dª. Rosa Mª Lopes Bamba. Preséntanse unha serie de materiais de uso cotiá como fieis documentos das vidas das xentes que os usaron, sen esquecer a súa dimensión estética.

Ofrece unha visión o máis ampla posible do que representa unha actividade moi común pero realizada con distintas finalidades, como oficio ou como afección, dous conceptos aunados no título cos substantivos “traballo e lecer”.

As pezas, escollidas de entre unha extensa colección, responden a catro premisas: representatividade, curiosidade,  documentación, e estética.

Do 15 de xuño ao 14 de xullo de 2007.

Mostra fotográfica con obra de Mila Rodero sobre oficios tradicionais, concretados en xentes do oficio de Ourense: o toneleiro de San Cristobo, Manolo o carpinteiro, etc. Reflexión sobre a evolución destes oficios que clasifica en dous bloques  “Os gardiáns da memoria”  e “Recreando a memoria” atendendo a subsistencia, adaptación ou desaparición de cada un deles.

Producida polo Museo Etnolóxico de Ribadavia.

De outubro de 2007 a xuño de 2008.

Acolle a colección privada de D. Ignacio Diz.Trátase dunha ampla e documentada colección privada de máis de seis mil soldados de chumbo sáidos das súas mans e que supoñen un labor artesanal e de precisión na súa elaboraciónofrecéndonos o seu valor documental e histórico.

Como complemento á exposición edítanse  polípticos informativos onde se definen os principais centros de interese aos que se refire a exposición, fundamentalmente  materiais e procesos de elaboración, destacando especialmente  a elaboración manual de todo o traballo.

Exposición fotográfica de produción propia que  mostra o resultado dun traballo de campo, realizado ao longo de varios anos, que pon de manifesto a versatilidade dos obxectos que adaptados, reutilizados, recíclados, adquiren novas funcións froito da necesidade, do enxeño,…. Unha morea de “reciclados”, que sen perder a materialidade orixinal, atopan outra dimensión funcional.

Exposición aberta e participativa que se amosa mediante a súa itinerancia por diversos centros culturais da cidade de Vigo.

Do 2 de agosto ata o 30 de novembro de 2008)

A través de vinte máscaras representativas e significativa da tradición galega, achegámonos ao seu significado.

As máis coñecidas, como a pantalla de Xinzo, Cigarrón de Verín, Peliqueiro de Laza, Felo de Maceda….pero tamén Vellarrón de Riós, Vello dos Cornos da Merza, Oso de Salcedo…descobren para nós a súa compoñente máxico-ancestral. Para algúns representan restos de rituais miméticos, tótems, ritos de fertilidade, maxia da caza, espíritos da vexetación ou mesmo deuses pagáns.

Está claro que foron nutríndose e mesturando distintos estratos ao longo do tempo e do acontecer da historia e que chegan a nós da man do Entroido.

Como fose, quixemos acoller, non  máscaras de uso ornamental, senón aquelas máis relevantes e complexas, que seguen sendo portadoras do poder de transformación, gardando  o misterio da súa orixe.

2009 - 2011

2012 - 2014

2015 - 2017

2018 - 2020