Investigación 2.0

Traballando en...

… unha nova exposición temporal que, dentro do proxecto “Sororidade” e baixo o subtítulo de “Ilustrad/as”, convida a unha escolma de artistas, ilustradoras, a compartir a súa visión persoal e artística sobre a necesaria axuda entre mulleres. Agardamos que a finais do mes de marzo podades visitala de forma presencial no Museo.

Etnoforo

Estamos a buscar o xeito de implementar un espazo de comunicación no que usuarios e Museo podan intercambiar información sobre dubidas, inquietudes, curiosidades, etc, como sempre no terreo da etnografía e afins.

Tesouro Visual

A fotografía é, sen dúbida, unha arte de gran valor para os investigadores. É por iso que o Museo Liste préstalle especial atención a través de dúas canles. O estudo e conservación dun amplo arquivo de fotografía antiga e a ampliación deste fondo a través da incorporación de obra contemporánea que se nutre, sobre todo, por medio do concurso fotografíco convocado con periodicidade anual dende hai varios anos. Neste espazo poderedes ir coñecendo o noso arquivo. Atentos a nosa primeira achega!

Iniciativas

Neste apartado abrimos un convite a formar parte de xeito activo da comunidade do Museo. Todos temos algo que aportar. Preguntádevos que son ciencias como a etnografía, a etnoloxía, a antropoloxía, a historia,… O estudo do ser humano, dos obxectos que o acompañan, as crenzas, as formas de vida, o material e o inmaterial, a cultura,… Todo elo está feito con anaquiños de nós e dos que estiveron antes de nós. As nosas vivencias, as nosas curiosidades, os obxectos que froito da obsolescencia programada xa non usamos, as historias que nos contaron, as fotografías que nos quitaron,… todo forma unha cadea na que cada elo é importante. Mostrade, preguntade, dubidade,… o Museo estará no outro lado como interlocutor valido, ávido e atento.
E, sobre todo, … Compartide!