Quen somos e que facemos

"Cando estamos con vós, o noso labor máis importante é que participedes da nosa paixón póla etnografía"

Somos conscientes de que, moitas veces, o público non coñece o labor que se leva a cabo a cotío nos museos. Poderíase pensar que cando o Museo permanece pechado por calquera circunstancia, ou nos momentos en que non hai atención aos visitantes, o persoal estivera ocioso.

Nada máis lonxe…

Ademais da colección, das exposicións temporais e das actividades que se executan para os visitantes, existen outras moitas tarefas dependentes de diferentes servizos: didáctica, difusión, conservación e restauración, documentación e investigación, entre outros.

Cando non estamos con vós, deseñamos novas actividades didácticas, investigamos e documentámonos sobre diversos temas, planificamos e montamos novas exposicións, catalogamos pezas, publicacións, fotografías, estudamos novos proxectos, colaboramos con outras institucións, creamos contidos para diversos soportes, etc. Cando estamos con vós, o noso labor máis importante é que participedes da nosa paixón póla etnografía, pola antropoloxía, polo museo e póla cultura en xeral.

Agardamos conseguilo.

Cando non estamos con vós, deseñamos novas actividades didácticas, investigamos e documentámonos, creando novos proxectos e contidos.

No Museo Liste traballamos:

 

Victoria Vázquez López

(Dirección)

Isabel Pousada Nogueira

(Departamento de Didáctica)

Sonia Rodríguez Basalo

(Departamento de Protocolo e Difusión)

Colaboran con nós, de xeito especial, Erica Iglesias Neira, Rafael González Goyanes, Rubén Berto Covelo e moitas outras persoas sen as que o Museo non sería quen de crecer e cumprir a súa misión.